Política de calidade

Política de calidade

Política de calidade:

A calidade é unha prioridade nas actividades de iviceversa, que a entende como satisfacer as necesidades do cliente en todo momento, cun produto competitivo, contando coa participación de todos e mellorando continuamente o sistema de xestión dos seus procesos.

As Directrices Xerais da Política de Calidade de Viceversa son:

· Adquirir unha Responsabilidade Social orientada á satisfacción e información das expectativas e necesidades dos grupos de interese, valorando en todo momento as preocupacións sociais, ambientais e éticas dos mesmos nas operacións empresariais e na estratexia.
· Garantir que os produtos subministrados aos nosos clientes sexan seguros, fiables e cumpran coas especificacións, normas e códigos aplicables.
· Subministrar produtos cuxa relación calidade/prezo satisfaga as expectativas dos nosos Clientes.
· Manter un contacto permanente cos clientes, colaborando xuntos para mellorar os nosos servizos.
· Realizar unha avaliación detallada da xestión dos procesos da empresa.
· Reducir fallos, coa conseguinte redución dos custos de non calidade.
· Establecer accións e programas dirixidos á prevención, e non só á detección.
· Instruír, motivar e implicar a todo o persoal na xestión e desenvolvemento do Sistema de Calidade implantado.
Share by: